InicioSOCIEDADERiazor como arma electoral

Riazor como arma electoral

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Quedan meses para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. E os partidos van collendo posicións. Pero alguén parece terse colado na grella de saída.

Volvendo aos anos do vazquismo-lendoirismo (a pesar da amizade recoñecida entre eles), o Dépor volve colarse de cheo na campaña electoral. E faino a través do seu presidente e da súa propiedade, e sobre todo, do nome do estadio. Un estadio municipal que leva 4 anos chamándose Abanca-Riazor, dende que o banco adquirira a propiedade a cambio da débeda nun singular exercicio financieiro de ampliación de capital.

A chispa saltou esta mañá de venres, cando o presidente do Dépor, Antonio Couceiro, acusou á alcaldesa de asegura transmitirlle que “o Concello quere cobrar ao Deportivo da Coruña polo uso do estadio”. Couceiro, querendo deixar unha imaxe de total colaboración recoñecía que “se han cedido las instalaciones al Victoria”, case que obviando a propiedade municipal do recinto, e facendo unha crúa crítica á alcaldesa socialista.

Couceiro sacou o asunto a 3 meses das eleccións porque a concesión actual do uso do estadio por parte do club remata en 2025.


Couceiro anunciaba ademais a data do Teresa Herrera ao 5 de agosto,  pedindo ao Concello que as obras de rexeneración do céspede deberían comezar o 17 de xullo, marcando os tempos dos posibles eventos que organice o Concello.

“O naming”

A clave de todo é o nome do estadio. O propio Couceiro recoñecía, pero só a preguntas dos xornalistas, que si Inés Rey relacionaba esa posible revisión do convenio, estaría vinculada ao nome do recinto: se un estadio municipal leva un nome dunha empresa, esta empresa, por moi propiedade que sexa, debería pagar un canon.

Foi dura tamén a alcadesa para responder as declaracións do presidente branquiazul. Rey asegurou que Couceiro “mente”. “Falta gravemente á verdade cando di que lle esixiu pagar polo uso do estadio e cando di que non se lle remitiu o convenio”.

“O concello en ningún caso vaille a pedir que pague nin un céntimo polo uso do estadio”, dixo tras acusar a Couceiro de “utilizar o club como arma electoral”. Preguntada sobre o nome, Rei indicou que “se Couceiro quere que un banco utilice unha instalación municipal de todos os coruñeses para fins comerciais, iso non pode ser gratis, nin é lóxico nin legal”, dixo sobre un club propiedade de Abanca.

Couceiro, que coincidiu neste mesmo acto coa rexedora, sinalou que a “denominación comercial do estadio é un dos activos do club” e aludiu ao “impacto” nos ingresos, ademais de reiterarse na súa denuncia sobre cobro de usos. No entanto, abriuse ao diálogo co consistorio.
Neste fío está moi ben debullado:

ÚLTIMAS

Interceptan a un condutor que se deu á fuga en Culleredo tras chocar con tres coches

A Policía Local de Culleredo logrou dar co condutor que supostamente se deu á...

A AC Alexandre Bóveda afonda sobre a realidade Palestina

Non para a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa programación de marzo e abril absolutamente...

Conversa con RJ Junior, promotor do Go! Electronic Festival

A finais de verán temos na comarca veciña festival de música tecno. O 13 e 14...

Conclúe a V Semana do Cinema Galego cunha media de máis de 300 espectadores por xornada no Teatro Colón

A V edición da Semana do Cinema Galego, que se celebrou entre os días...